O actor e produtor Xosé Antonio Touriñán sorrindo e mirando a cámara, cunha camisa azul e o pelo bastante longo

Ola,
chámome Xosé A. Touriñán e son actor

Sobre min

Son actor, presentador, produtor, director e cómico desde fai máis de vinte anos, cando a xente comezou a coñecerme polas miñas aparicións na televisión de Galicia. Desde entón seguín facendo tele, teatro e cine e desfrutando deste oficio sen perder as ganas de xogar e rir.

Xunto a Carlos Blanco percorrín Galicia con Somos Criminais chegando a máis público do que nunca se chegara no teatro galego. Con Fariña (2019), enchimos os teatros galegos varios anos e viaxamos por toda España. No ano 2022 dirixín a miña primeira curtametraxe, Nena.

Tamén dirixo o Castelo Conta, o festival que organizamos na miña aldea todos os veráns e que xa é un dos máis singulares e recoñecidos do país.

Experiencia

Televisión

Undodez - Tex45
2024

Na Gloria

Creei, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, esta serie de comedia para AGalega que tamén protagonizo xunto a Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo e Dani Rovira.
Undodez - Tex45
2022

Catro gatos

Programa para a Televisión de Galicia onde catro amigos, David Perdomo, Fátima Pego, Noemí Rodríguez e eu nos reunimos nun bar para falar da vida. A comedia está presente en todo momento mesturando tertulia e sketchs.
Mono Films, Kilima Media, Amazon Prime Video, RTVE
2022

Sin límites

Miniserie coproducida por España e Estados Unidos e protagonizada por Álvaro Morte, Rodrigo Santoro e Sergio Peris-Mencheta. Serie de aventuras e histórica que conta a volta ao mundo da expedición do mariñeiro Juan Sebastián Elcano.
TVE
2021

Rutas bizarras

Presentei xunto a Marta Hazas as dúas temporadas deste programa de viaxes que deu a coñecer a España que non sae nas rutas turísticas, unha España estraña, sorprendente e extravagante.
Netflix
2020

El desorden que dejas

Miniserie creada por Carlos Montero e con Inma Cuesta, Bárbara Lennie e Tamar Novas como protagonistas. Ambientada na Ribeira Sacra, conta a historia dunha profesora que, recén chegada ao instituto, obsesiónase coa morte que ocorreu tres semanas antes.
RTVE e Cósmica Producións
2019

Antes de perder

Antes de perder é unha miniserie de televisión española en streaming ambientada en Galicia dirixida por Sonia Méndez e protagonizada por Esther Acebo e Mariam Hernández.
Movistar Plus+
2018-2020

Justo antes de Cristo

Miniserie creada por Juan Maidagán e Pepón Montero. Fago o papel de Agorastocles nesta comedia negra ambientada na Antiga Roma.
Atresmedia - MedioLimón
2018-2020

Pequeñas coincidencias

Creada por Javier Veiga, foi a primeira serie española orixinal de Amazon Prime. Formei parte do reparto principal nas tres temporas desta comedia romántica protagonizada por Veiga e Marta Hazas.
Atresmedia, Bambú Producciones
2017 - 2018

Fariña

Serie baseada no libro de Nacho Carretero sobre o mundo do narcotráfico en Galicia nos anos oitenta. Touriñán interpretará a Paquito Charlín, fillo dun dos narcos da novela.
RTP, TVG
2017

Vidago Palace

Serie cuxa acción sitúase no verán de 1936 e céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel, unha época en que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Touriñán interpreta ao Padre Raimundo, o cura que vai casar ós personaxes da serie, Carlota e César Augusto.
Os Dous de Ardebullo, TVG
2016 - 2017

Nós

Programa de humor da Televisión de Galicia que se emitiu durante as festas do Nadal. Os actores e humoristas cullerdenses fan un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.
TVG
2012 - 2016

Land Rober Tunai Show

Programa de humor da Televisión de Galicia que conta cada semana cun convidado estelar, música en directo e con representación cómicas no que o público ten un papel fundamental. Nel son co-presentador e interpreto a João Simões, entre outros moitos personaxes.
La Sexta, Globomedia
2016

El Club de la Comedia

Participei como monologuista nun dos programas deste formato de televisión del género stand up comedy no que monologuistas profesionais e actores invitados enfréntanse ao público en directo cun monólogo de entre 8 e 10 minutos de duración.
Máis televisión
TVG
2016

Gala dos Premios Mestre Mateo

Gala da Academia Galega do Audivisual que presentei xunto á xornalista Marga Pazos.
Os Dous de Ardebullo, TVG
2016

Buscando Ardebullo

Espazo da Televisión de Galicia conducido por min, Marcos Pereiro e Manolo Pereiro, o pai de Marcos. Xuntos percorremos toda Galicia na procura dese lugar idílico que podería ser o noso Ardebullo.
TVG, Mad Mex Filmanova
2016

Casa Manola

Participei nun capítulo desta serie de televisión do xénero da comedia, que conta a vida de Manola e Barrantes, irmáns, que aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural.
Canal+, Movistar+
2014-2015

Ilustres Ignorantes

Participei como invitado en dúas ocasións neste programa de humor presentado por Javier Coronas no que se pretende dar contestación a preguntas absurdas sobre temas da vida cotiá.
TVG
2014

Libro de Familia

Estiven nun dos capítulos desta serie que retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.
TVG, Ficción Producciones
2013

Escoba!

Participei nun dos capítulos desta sitcom galega con 5 mulleres como protagonistas que se reúnen para xogar á escoba. Sobre a mesa non só haberá bastos, ouros, copas e espadas, reis e cabalos, senón multitude de temas que debullarán con ton irónico e con boa retranca.
Airapro e Ficción Produccións
2012-2014

A Casa da Conexa

Programa de humor e entretemento no que as protagonistas eran Mucha e Nucha.
Airapro, CTV
2012-2013

Tourilandia

Show da Televisión de Galicia do que fun presentador e director e no que o entretemento é a gran premisa, centrándose sempre nun humor apto para todos os públicos.
Zopilote
2011-2016

Era visto!

Comedia familiar líder de audiencia na TVG na que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego. Nela interpreto a Puskas, do bar “Puskas”.
Airapro, TVG
2011, 2012, 2013

Especiais de Mucha e Nucha

Programas especiais de Nadal producidos para a TVG nos que participei como guionista e como actor. Neles, as Cantareiras de Ardebullo, onde interpreto a Mucha, comparten a súa noIte de Nadal cos telespectadores.
TVG
2010

Gala dos Premios Mestre Mateo

Presentador e guionista da gala dos Mestre Mateo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual.
TVG
2009

Gala dos Premios Mestre Mateo

Presentador da gala que reúne cada ano aos profesionais do audiovisual galego.
TVG
2009

Botarse ao monte

Programa da Televisión de Galicia sobre sendeirismo no que participei como presentador. Nel percórrense distintas localizacións de Galicia e danse consellos sobre excursionismo.
TVG
2008-2015

Luar

Show de variedades que se emite dende fai 23 anos na TVG. Participei en máis de 100 programas poñéndolle cara a Mucha, unha das Cantareiras de Ardebullo.
TVG
2008-2015

Padre Casares

Serie da Televisión de Galicia de gran éxito na que interpretei a Rodolfo, o fillo de Puri.
Voz Audiovisual
2007

A vida por diante

Serie da Televisión de Galicia sobre a loita e a forza que expresan as mulleres dos mariñeiros. Participei como actor nun dos capítulos.
Zopilote
2007-2009

Air Galicia

Programa de humor da TVG con diferentes sketchs sobre a crítica social, a parodia ou o humor político. Actuei como presentador de "Xoias do cinematógrafo".
TVG
2007

Efectos Secundarios

Unha serie centrada na vida dun Centro de Saúde dunha pequena vila. Estiven durante once capítulos interpretando a Emilio.
TVG
2007

Arre Demo

Arre Demo foi un programa de humor no que participei desempregando varios roles, como actor e guionista, estaba baseado no coñecido formato de bromas feitas con cámara oculta.
TVG
2006

En pé da festa

Serie diaria de humor líder de audiencia na TVG. Interpreto a Mucha e a outras tantas personaxes.
TVG
2006

O Show dos Tonechos

Actor convidado neste programa de humor en que os protagonistas son o dúo Os Tonechos: Roberto Vilar (pai) e Víctor Fábregas (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia.
TVG, Voz Audiovisual
2006

Perdelo Todo

Fun presentador neste programa baseado no formato da BBC Lose a Million no que catro participantes tiñan que demostrar habilidade física e destreza respostando preguntas de todo tipo.
TVG
2005

Supermartes

Foi un concurso dirixido a todos os públicos, no que só un dos participantes, despois de superar as probas, chegaba á fase final na que podía conseguir grandes premios. Eu participaba axudando na realización destas probas.

Cinema

Mordisco Films
2022
A Rabia
Esta curtametraxe dirixida por Alberto Díaz narra a vida de Filomena, a cal está tinguida de pobreza e unha triste sombra de calamidade e tormento. A pesares diso, terá a oportunidade de mudar o seu destino?
Undodez e Mordisco Films
2022

Nena

Curtametraxe que protagonizo xunto a miña filla Antía. Tamén supuxo o meu debut como director de cine. A peza afonda na perpetuación dos roles de xénero na esfera privada e a historia fala da perda e dos afectos desde o punto de vista dunha nena de 12 anos.
MedioLimón, Onirica Films, Undodez
2022

Amigos hasta la muerte

Primeira longametraxe de Javier Veiga. Participo no reparto desta comedia romántica protagonizada por Marta Hazas, Mauricio Ochmann e Veiga, que dan vida a María, Nacho e Suso, tres amigos de toda a vida que, ante a morte dun deles, teñen moitas cousas por facer xuntos.
Maruxiña Film Company, Televisión de Galicia
2021

Malencolía

Película escrita e dirixida por Alfonso Zarauza que conta o regreso a Galicia dunha parella que leva 10 anos vivindo en Berlín e a estraña relación que terán cunha veciña da aldea, supostamente abandonada, á que se mudan.
Sunrise Pictures Company, Vertice 360, Telespan 2000
2021

El club del paro

Película escrita e dirixida por David Marqués. Participei cun pequeno papel nesta comedia sobre catro amigos que se reúnen no bar para arranxar o mundo á súa maneira.
Portocabo, RTVE, Televisión de Galicia (TVG)
2021

Cuñados

Película dirixida por Toño López. Son un dos protagonistas desta comedia familiar na que o meu cuñado Eduardo (Miguel de Lira) e mais eu metemos a pata nun negocio e precisamos cartos. Temos os ingredientes para fracasar pero… malo será!
Maruxiña Film Company, ZircoZine
2015

Os fenómenos

Película dirixida por Alfonso Zarauza. Trátase dun drama social que con pinceladas de humor, fala do esplendor e da decadencia do ladrillo a través dun personaxe interpretado pola actriz Lola Dueñas.
Tornasol Films, Milú Films, Continental Producciones
2006

Días azules

Longametraxe de Miguel Santesmanes na que interpreto a Pincha La Palma. É a historia de tres irmáns en dous momentos distintos das súas vidas nas que se combina o drama e a comedia romántica.
2006

Marta

Curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.

Teatro

Ainé
2023

Corentena

David Perdomo e eu quixemos levar aos bares este espectáculo baseado nas conversas que tivemos a través de Instagram durante o confinamento.
Ainé e CDG
2022

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Protagonizo esta viaxe ás paixóns futbolísticas a través do humor e a música. A peza ofrece un paseo lúdico e crítico pola cara máis radiante e tamén a máis sombría do fútbol.
Ainé
2021

Aquí Tou!

Quizais sexa o meu monólogo máis persoal. Nel fago un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.
Ainé
2021

Somos Criminais 3

Tralo éxito da primeira parte, Carlos Blanco e eu volvemos cunha nova parte do espectáculo para analizar con humor Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos.
Ainé
2019

Fariña, o espectáculo teatral

Decido levar ao teatro a adaptación da obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Comparto escenario cun elenco de luxo nesta comedia musical, que ten moito de traxedia.
Ainé
2019

Unha noite na praia

Subo ao escenario con Carlos Blanco nesta comedia dirixida por Javier Veiga. Conta a historia de dous tipos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar: Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea
Ainé
2018

Somos Criminais

Exitoso espectáculo xunto a Carlos Blanco no que analizamos e dramatizamos crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asesinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.
2017

Monólogos R. Dous homes e un vespino.

Neste monólogo forma tándem con Pepo Suevos, facendo as delicias do público, nunha serie de monólogos por toda a xeografía galega.
Ainé
2017

Agora en serio

Agora en serio é o título do novo espectáculo do Marcos Pereiro e Touriñán no que terá cabida todo ou case todo. En 2017 cúmprense quince anos da súa primeira actuación xuntos, un aniversario moi especial que celebrarán facendo o que mellor saben facer: comedia.
Osdous Ardebullo
2002-2016

Cantareiras de Ardebullo

Dúo humorístico que formo con Marcos Pereiro e no que interpreto a Mucha. Este espectáculo suma xa máis de 400 funcións en auditorios e escenarios de toda Galicia.
Máis teatro
Eme2
2016

Monólogo do imbécil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demáis pero sempre pasa algo que acaba deixándoo con cara de parvo.
Ainé
2015-2016

Curtis & Teixeiro

Obra cómica na que interpreto a Teixeiro, un investigador privado cuxo compañeiro é Curtis (Fede Pérez). Xuntos intentaremos resolver algúns dos misterios máis de actualidade.
Etiqueta Negra
2015-2016

Amigos ata a morte

Exitosa comedia teatral de Javier Veiga que trata sobre a amizade e o amor, e na que comparto elenco con David Amor e Ledicia Sola.
R, Osdous Ardebullo
2014-2015

Viramos tolos pola tele

Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.
Undodez
2011-2015

Manolo Lojo

Manolo Lojo é un personaxe que o único que ten claro é que non quere seguir vivindo e conta os pormenores da súa vida.
Xacarandaina
2007

Prestixio

Espectáculo de música e baile tradicional no que participei como actor.

Produtor

Ainé
2023

Códice K

Obra de teatro dirixida por Tito Asorey e escrita por Manuel Cortés. A comedia narra a historia extraoficial do roubo do Códice Calixtino desde a perspectiva das personaxes femininas que rodearon o suceso.
Undodez
2023

Bechos

Serie de animación para a TVG dirixida a público infantil. Con capítulos curtos de 5 minutos, está pensada para ver en dispositivos móbiles e pretende sensibilizar sobre as cuestións medioambientais.
Undodez
2023

Nosoutras

Serie de divulgación para a TVG que ten como obxectivo poñerlles nome ás mulleres que destacaron no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño á nova xeración de creadoras.
Undodez e Mordisco Films
2022

Nena

Curtametraxe que protagonizo xunto a miña filla Antía. Tamén supuxo o meu debut como director de cine. A peza afonda na perpetuación dos roles de xénero na esfera privada e a historia fala da perda e dos afectos desde o punto de vista dunha nena de 12 anos.
Undodez
2022

MMRRSSMM… Xeosónica #1

Xeosónica é un proxecto transmedia que fai unha exploración do son desde un punto de vista artístico. A curta experimental, dirixida por Andrés Mahía, ten o son como protagonista absoluto.
Ainé e A Quinta do Cuadrante
2022

Continente María

Obra de teatro que rende homenaxe á actriz María Casares, dirixida por Tito Asorey e con Melania Cruz como protagonista. A través dun diálogo con ela, a peza é un canto á vida e ao teatro.
Undodez - Tex45
2022

Catro gatos

Programa para a Televisión de Galicia onde catro amigos, David Perdomo, Fátima Pego, Noemí Rodríguez e eu nos reunimos nun bar para falar da vida. A comedia está presente en todo momento mesturando tertulia e sketchs.
Ainé e CDG
2022

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Protagonizo esta viaxe ás paixóns futbolísticas a través do humor e a música. A peza ofrece un paseo lúdico e crítico pola cara máis radiante e tamén a máis sombría do fútbol.
Ainé
2021

Aquí Tou!

Quizais sexa o meu monólogo máis persoal. Nel fago un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.
Ainé
2021

Somos Criminais 3

Tralo éxito da primeira parte, Carlos Blanco e eu volvemos cunha nova parte do espectáculo para analizar con humor Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos.
Máis producións
Ainé
2019

Fariña, o espectáculo teatral

Decido levar ao teatro a adaptación da obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Comparto escenario cun elenco de luxo nesta comedia musical, que ten moito de traxedia.
Ainé
2018

Somos Criminais

Exitoso espectáculo xunto a Carlos Blanco no que analizamos e dramatizamos crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asesinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.
Atresmedia - MedioLimón
2018-2020

Pequeñas coincidencias

Creada por Javier Veiga, foi a primeira serie española orixinal de Amazon Prime. Formei parte do reparto principal nas tres temporas desta comedia romántica protagonizada por Veiga e Marta Hazas.
Eme2
2016

Monólogo do imbécil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demáis pero sempre pasa algo que acaba deixándoo con cara de parvo.
Ainé
2015-2016

Curtis & Teixeiro

Obra cómica na que interpreto a Teixeiro, un investigador privado cuxo compañeiro é Curtis (Fede Pérez). Xuntos intentaremos resolver algúns dos misterios máis de actualidade.
Undodez
2011-2015

Manolo Lojo

Manolo Lojo é un personaxe que o único que ten claro é que non quere seguir vivindo e conta os pormenores da súa vida.

Guionista

TVG
2011

Un soño de Nadal

A parella humorística Mucha e Nucha vive e comparte con todos os galegos as festas de Nadal. Mentres están traballando na limpeza das instalacións da TVG en San Marcos, vénse en voltas nun enredo de tal calibre que deben encargarse de tódalas emisións durante unha noite enteira.

Radio

Radio Televisión de Galicia
2006-2009

Á tarde

Fun colaborador neste programa de radio interpretando ao personaxe Ramón Regoufe.

Info física

Peso
95 kg
Altura
185 cm
Pelo
Negro. Rizo.
Ollos
Marrón-verde
Rango de idade
25-45 anos