
2025
La Canción
Buendía Estudios, Movistar +
Miniserie de drama histórico creada por Pepe Coira e Fran Araújo, e dirixida por Alejandro Marín. Touriñán interpreta a Manuel Fraga nun relato centrado na vitoria de España no Festival de Eurovisión de 1968, obtida por Massiel co tema ‘La, la, la’.

2024
Atasco
Onza Entertainment, Publicis Rebellio, Prime Vídeo
Serie creada e dirixida por Rodrigo Sopeña, conta con tres temporadas e máis de 25 actores no seu elenco. Touriñán forma parte desta historia coral que retrata o caos xerado por un inmenso atasco que altera a vida de miles de persoas nas aforas de Madrid.

2024
Clanes
Vaca Films, Netflix
Serie de televisión enmarcada no xénero thriller e drama romántico. Escrita por Jorge Guerricaechevarría e dirixida por Roger Gual, Touriñán interpreta a Nilo, ao lado de Clara Lago e Tamar Novas, que dan vida aos protagonistas da historia. Narra a chegada dunha abogada a Cambados, e que se topa co fillo dun importante narcotraficante.

2024
Na Gloria
Undodez - Tex45
Creador, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, desta serie de comedia para AGalega que tamén protagonizou xunto a Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo e Dani Rovira.
Máis televisión

2022
Catro Gatos
Undodez - Tex45
Programa para a Televisión de Galicia onde catro amigos, David Perdomo, Fátima Pego, Noemí Rodríguez e o propio Touriñán, reúnense nun bar para falar da vida. A comedia está presente en todo momento mesturando tertulia e sketchs.

Sin límites
Mono Films, Kilima Media, Amazon Prime Video, RTVE
Miniserie coproducida por España e Estados Unidos e protagonizada por Álvaro Morte, Rodrigo Santoro e Sergio Peris-Mencheta. Serie de aventuras e histórica que conta a volta ao mundo da expedición do mariñeiro Juan Sebastián Elcano.

2021
Rutas Bizarras
TVE
Presentou xunto a Marta Hazas as dúas temporadas deste programa de viaxes que deu a coñecer a España que non sae nas rutas turísticas, unha España estraña, sorprendente e extravagante.

2020
El desorden que dejas
Netflix
Miniserie creada por Carlos Montero e con Inma Cuesta, Bárbara Lennie e Tamar Novas como protagonistas. Ambientada na Ribeira Sacra, conta a historia dunha profesora que, recén chegada ao instituto, obsesiónase coa morte que ocorreu tres semanas antes.

2019
Antes de perder
RTVE e Cósmica Producións
Antes de perder é unha miniserie de televisión española en streaming ambientada en Galicia dirixida por Sonia Méndez e protagonizada por Esther Acebo e Mariam Hernández.

2018-2020
Justo antes de Cristo
Movistar Plus+
Miniserie creada por Juan Maidagán e Pepón Montero. Touriñán interpreta o papel de Agorastocles nesta comedia negra ambientada na Antiga Roma.

2018-2020
Pequeñas coincidencias
Atresmedia - MedioLimón
Creada por Javier Veiga, foi a primeira serie española orixinal de Amazon Prime. Formou parte do reparto principal nas tres temporas desta comedia romántica protagonizada por Veiga e Marta Hazas.

2017 - 2018
Fariña
Atresmedia, Bambú Producciones
Serie baseada no libro de Nacho Carretero sobre o mundo do narcotráfico en Galicia nos anos oitenta. Touriñán interpreta a Paquito Charlín, fillo dun dos narcos da novela.

2017
Vidago Palace
RTP, TVG
Esta serie sitúase no verán de 1936 e céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel, unha época en que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Touriñán interpreta ao Padre Raimundo, o cura que vai casar ós personaxes da serie, Carlota e César Augusto.

2016 - 2017
Nós
Os Dous de Ardebullo, TVG
Programa de humor da Televisión de Galicia que se emitiu durante as festas do Nadal. Os actores e humoristas cullerdenses fan un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.

2012 - 2016
Land Rober Tunai Show
TVG
Programa de humor da Televisión de Galicia que conta cada semana cun convidado estelar, música en directo e con representación cómicas no que o público ten un papel fundamental. Nel, Touriñán foi co-presentador e interpretou a João Simões, entre outros moitos personaxes.

2016
El Club de la Comedia
La Sexta, Globomedia
Participou como monologuista nun dos programas deste formato de televisión do xénero stand up comedy no que monologuistas profesionais e actores invitados enfréntanse ao público en directo cun monólogo de entre 8 e 10 minutos de duración.

2016
Gala dos Premios Mestre Mateo
TVG
Presentou a gala da Academia Galega do Audiovisual xunto á xornalista Marga Pazos.

2016
Buscando Ardebullo
Os Dous de Ardebullo, TVG
Conducíu este espazo da Televisión de Galicia xunto a Marcos Pereiro e Manolo Pereiro, percorrendo Galicia na procura do lugar idílico que podería ser o seu Ardebullo.

2016
Casa Manola
TVG, Mad Mex Filmanova
Participou nun capítulo desta serie de comedia que relata a vida de Manola e Barrantes, uns irmáns que aproveitando unha subvención, reforman a casa para convertela nun aloxamento de turismo rural.

2014-2015
Ilustres Ignorantes
Canal+, Movistar+
Participou como convidado en dúas ocasións neste programa de humor presentado por Javier Coronas, no que se pretende dar contestación a preguntas absurdas sobre temas da vida cotiá.

2014
Libro de Familia
TVG
Tivo unha aparición interpretando a unha personaxe desta serie que retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.

2013
Escoba!
TVG, Ficción Producciones
Participou nun episodio desta sitcom, protagonizada por cinco mulleres galegas e nas súas conversas irónicas e retranqueiras arredor da vida cotiá mentres xogan á escoba.

2012-2014
A Casa da Conexa
Airapro e Ficción Produccións
Programa de humor e entretemento centrado nas protagonistas Mucha e Nucha.

2012-2013
Tourilandia
Airapro, CTV
Show da Televisión de Galicia no que foi presentador e director e no que o entretemento é a gran premisa, baseado na improvisación e o humor apto para todos os públicos.

2011-2016
Era visto!
Zopilote
Comedia familiar líder de audiencia na TVG na que prima o humor verbal das personaxes orixinais do universo rural galego. Nela, interpretou a Puskas, do bar homónimo.

2011, 2012, 2013
Especiais de Mucha e Nucha
Airapro, TVG
Participou como actor e guionista nestes programas especiais de Nadal, dando vida a Mucha, das Cantareiras de Ardebullo.

2010
Gala dos Premios Mestre Mateo
TVG
Presentador e guionista da gala dos Mestre Mateo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual.

2009
Gala dos Premios Mestre Mateo
TVG
Presentador da gala que rúne cada ano aos profesionais do audiovisual galego.

2009
Botarse ao monte
TVG
Presentou este programa da Televisión de Galicia sobre sendeirismo, no que se percorren distintas localizacións de Galicia á vez que daban consellos sobre excursionismo.

2008-2015
Luar
TVG
Show de variedades que se emite desde hai máis de trinta anos na TVG. Participou en máis de cen programas interpretando a Mucha, unha das Cantareiras de Ardebullo.

2008-2015
Padre Casares
TVG
Serie da Televisión de Galicia de gran éxito na que interpretou a Rodolfo, o fillo de Puri.

2007
A vida por diante
Voz Audiovisual
Serie da Televisión de Galicia sobre a loita e a forza que expresan as mulleres dos mariñeiros. Participou como actor nun dos capítulos.

2007-2009
Air Galicia
Zopilote
Programa de humor da TVG con diferentes sketchssobre a crítica social, a parodia ou o humor político. Actuou como presentador de "Xoias do cinematógrafo”.

2007
Efectos Secundarios
TVG
Unha serie centrada na vida dun Centro de Saúde dunha pequena vila. Estivo durante once capítulos interpretando a Emilio.

2007
Arre Demo
TVG
Participou como actor e guionista neste programa de bromas con cámara oculta.

2006
En pé da festa
TVG
Interpretou a múltiples personaxes, incluíndo a Mucha, nunha serie diaria de humor líder de audiencia.

2006
O Show dos Tonechos
TVG
Actor convidado neste programa de humor en que os protagonistas son o dúo Os Tonechos: Roberto Vilar (pai) e Víctor Fábregas (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia.

2006
Perdelo Todo
TVG, Voz Audiovisual
Presentou este concurso baseado no formato británico da BBC Lose a Million, no que os participantes tiñan que demostrar habilidade física e intelixencia respondendo preguntas de todo tipo.

2005
Supermartes
TVG
Participou na realización e coordinación de probas neste concurso familiar, acompañando aos participantes durante o programa.
Cinema

2026
Rondallas
Mister Fields and Friends, Bambú Producciones e Rondallas Movie AIE, coa participación de Movistar Plus+, RTVE e a TVG
Longametraxe dirixida por Daniel Sánchez Arévalo, na que Xosé A. Touriñán interpreta a Xavi, o irmán maior dunha parella de gardas civís. A película sitúase nun pobo mariñeiro ao sur de Galicia que, tras un tráxico naufraxio, enfrenta o loito e a perda. No contexto desa comunidade, xorde a idea de formar unha rondalla, servindo como eixo narrativo para explorar o papel destas formacións musicais como ferramenta de encontro, memoria e creación de lazos comunitarios.

2024
+ Cuñados
Portocabo, RTVE, TVG e Movistar+
Dirixida por Luís Avilés, esta secuela da comedia Cuñados retoma o papel de Touriñán como un dos protagonistas da saga familiar. A película continúa seguindo as peripecias do cuñado Eduardo (Miguel de Lira) e do seu familiar, mergullados en situacións cómicas e negocios absurdos que xeran confusións, malentendidos e momentos de humor galego, expandindo o universo narrativo e os vínculos entre personaxes xa queridos polo público.

2022
A Rabia
Mordisco Films

2022
Nena
Undodez e Mordisco Films
Debut como director e protagonista xunto á súa filla Antía Touriñán. A curta aborda a perpetuación dos roles de xénero na esfera privada e reflexiona sobre a perda e os afectos desde a perspectiva dunha nena de 12 anos. Acumulou máis de 50 recoñecementos en festivais internacionais.
Máis cinema

2022
Amigos hasta la muerte
MedioLimón, Onirica Films, Undodez
Primeira longametraxe de Javier Veiga. Touriñán participa nesta comedia romántica sobre tres amigos que, tras a morte dun deles, teñen moitas cousas pendentes por vivir. O reparto principal inclúe Marta Hazas, Mauricio Ochmann e Javier Veiga.

2021
Malencolía
Maruxiña Film Company, TVG
Dirixida por Alfonso Zarauza, a película conta o regreso a Galicia dunha parella que leva dez anos en Berlín e a súa relación coa misteriosa veciña da aldea á que se mudan. Touriñán forma parte do elenco.

2021
El club del paro
Sunrise Pictures Company, Vertice 360, Telespan 2000
Comedia de David Marqués sobre catro amigos que se reúnen no bar para resolver os seus problemas á súa maneira. Touriñán interpreta un pequeno papel nesta historia sobre amizade e camaradería.

2021
Cuñados
Portocabo, RTVE, TVG
Comedia familiar dirixida por Toño López. Touriñán é un dos protagonistas desta historia na que, xunto ao cuñado Eduardo (Miguel de Lira), se ven involucrados nun negocio que ameaza con saír mal.

2015
Os fenómenos
Maruxiña Film Company, ZircoZine
Drama social con pinceladas de humor, dirixido por Alfonso Zarauza. A película analiza o esplendor e a decadencia do ladrillo a través de diversos personaxes, entre eles o interpretado por Touriñán.

2006
Días azules
Tornasol Films, Milú Films, Continental Producciones
Longametraxe de Miguel Santesmanes na que Touriñán interpreta a Pincha La Palma. A historia segue a tres irmáns en diferentes etapas da súa vida, mesturando drama e comedia romántica.
2006
Marta
Tornasol Films, Milú Films, Continental Producciones
Curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos na que Touriñán participa como actor, completando a súa presenza no cinema galego e español nos primeiros anos da súa carreira.
Teatro

2025
Amoriños
Ainé
Novo espectáculo creado e interpretado xunto a David Perdomo tras o éxito de Corentena e Corentena · Game Over. Unha comedia sobre o amor nas súas formas máis imprevisibles, construída a partir de citas imposibles, personaxes desencaixados e moita improvisación. Un First Dates á galega no que o humor convive cunha dimensión emocional inesperada.

2025
Corentena · Game Over
Ainé
Segunda volta ao universo de Corentena, reconvertido nun videoxogo teatral no que o público participa activamente no desenvolvemento da función. Unha viaxe chea de probas, personaxes coñecidos e novas situacións, na que cada decisión pode conducir ao éxito… ou ao Game Over. Un formato innovador que percorreu o país mantendo a esencia do espectáculo orixinal.

2024
Somos Criminais e punto final
Ainé
Espectáculo que pecha definitivamente o proxecto Somos Criminais, creado e interpretado xunto a Carlos Blanco. Cunha premisa apocalíptica como punto de partida, a peza propón unha revisión humorística do patrimonio humano, material e inmaterial de Galicia. Unha despedida dun dos proxectos máis exitosos do teatro galego contemporáneo, que reuniu a máis de 100.000 espectadores en toda Galicia.

2023
Corentena
Ainé
Espectáculo creado xunto a David Perdomo a partir das conversas compartidas durante o confinamento. Un proxecto que naceu nas redes e deu o salto aos escenarios cun formato próximo, directo e fortemente conectado co público.
Máis teatro

2022
Recortes, caneos e outras formas de driblar
Ainé e CDG
Peza teatral que percorre as paixóns futbolísticas desde o humor e a música. Unha viaxe lúdica e crítica pola cara máis festiva e tamén máis escura do fútbol como fenómeno social e cultural.

2021
Aquí Tou!
Ainé
Monólogo no que Touriñán ofrece un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital. Un relato persoal que mestura realidade e ficción, humor e emoción, conectando coa memoria colectiva e coa identidade galega.

2021
Somos Criminais 3
Ainé
Tras a primeira entrega do exitoso proxecto xunto a Carlos Blanco, ten lugar un novo capítulo no que, desde o humor, se analiza Galicia e a súa idiosincrasia a través de historias de crimes reais e imaxinados.

2019
Fariña, o espectáculo teatral
Ainé
Adaptación escénica da obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia. Unha comedia musical con fondo tráxico, na que Touriñán forma parte dun elenco coral que revisita un período clave da historia recente do país.

2019
Unha noite na praia
Ainé
Comedia dirixida por Javier Veiga na que comparte escenario con Carlos Blanco. A obra retrata o encontro fortuíto de dous homes, Klaus e Manuel, un sueco e un galego ao solpor, construíndo un diálogo cheo de contrastes culturais e humor.

2018
Somos Criminais
Ainé
Espectáculo creado e interpretado xunto a Carlos Blanco que analiza e dramatiza crimes autóctonos desde múltiples perspectivas. Un proxecto de gran éxito de público, cunha longa xira polos escenarios galegos.

2017
Monólogos R. Dous homes e un vespino.
Ainé
Neste monólogo forma tándem con Pepo Suevos, facendo as delicias do público, nunha serie de monólogos por toda a xeografía galega.

2017
Agora en serio
Ainé
Espectáculo de Marcos Pereiro e Touriñán co que celebran quince anos de traxectoria compartida. Unha proposta aberta á comedia en todas as súas formas, construída desde a experiencia e a complicidade artística.

2002-2016
Cantareiras de Ardebullo
Os dous de Ardebullo
Dúo humorístico formado con Marcos Pereiro, no que interpreta a Mucha. O espectáculo supera as 400 funcións e converteuse nun dos fenómenos máis recoñecidos do humor galego contemporáneo.

2016
Monólogo do imbécil
Eme2
Monólogo protagonizado por Santi, un personaxe atrapado nunha cadea constante de malas decisións e situacións desafortunadas. Un retrato cómico da torpeza cotiá.

2015-2016
Curtis & Teixeiro
Ainé
Comedia na que interpreta a Teixeiro, un investigador privado que forma parella con Curtis (Fede Pérez). Xuntos enfróntanse a casos improbables cunha mirada irónica sobre a actualidade.

2015-2016
Amigos ata a morte
Etiqueta Negra
Comedia teatral escrita e dirixida por Javier Veiga sobre a amizade, o amor e as decisións vitais. Comparte elenco con David Amor e Ledicia Sola.

2014-2015
Viramos tolos pola tele
R, Os dous de Ardebullo
Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.

2011-2015
Manolo Lojo
Undodez
Manolo Lojo é un personaxe que o único que ten claro é que non quere seguir vivindo e conta os pormenores da súa vida.

2007
Prestixio
Xacarandaina
Espectáculo de música e baile tradicional no que participou como actor, integrándose nunha proposta que pon en valor a cultura popular galega desde a escena.
Produtor

2025
Lola, Porco e Paco - proxecto en desenvolvemento
Undodez
Comedia para público adulto creada por Xosé A. Touriñán xunto a Xosé Castro e Andrés Mahía. O proxecto propón unha ollada crítica e irreverente sobre a sociedade contemporánea a través dunha narrativa marcada polo humor, o absurdo e a transgresión.

2025
Ao son da nova regueifa
Ao son da nova regueifa
Documental que propón unha viaxe pola Galiza na procura das conexións entre a regueifa tradicional e as súas expresións contemporáneas. A través de encontros con regueifeiras e regueifeiros, versos improvisados e música, a peza debuxa un retrato diverso e dinámico desta arte oral, explorando os camiños entre tradición e modernidade, e a aprendizaxe sobre a arte da improvisación oral galega.

2025
Amoriños
Ainé
Novo espectáculo creado e interpretado xunto a David Perdomo tras o éxito de Corentena e Corentena · Game Over. Unha comedia sobre o amor nas súas formas máis imprevisibles, construída a partir de citas imposibles, personaxes desencaixados e moita improvisación. Un First Dates á galega no que o humor convive cunha dimensión emocional inesperada.

2025
Territorio Regueifa
Ainé, FIOT
Espectáculo que combina teatro, humor, música e improvisación para achegar ao público á arte da regueifa. A través dun enfoque didáctico e participativo, dous regueifeiros e unha regueifeira percorren as orixes, a evolución e a vixencia actual desta tradición, alternando explicacións, escenas teatrais e xogos de improvisación oral cantada co público, que culminan nunha celebración musical colectiva.
Máis producións

2025
Videoclip Añobres
Undodez, Alana
Videoclip dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández para o proxecto musical Alana. A peza rende homenaxe a Delfina de Añobres, recuperando as súas coplas tradicionais recollidas por Dorothé Schubarth. Rodado na casa natal da homenaxeada, o videoclip combina memoria, territorio e creación contemporánea, conectando tradición oral e linguaxes audiovisuais actuais.

2025
Bibopalula · O espectáculo
Ainé
Proposta teatral musical dirixida a público infantil, baseada no universo da serie Bibopalula. A historia segue a Ava e á Banda do Bosque nunha aventura arredor da natureza, a observación do medio e o respecto polos seus ciclos. Pensada para nenas e nenos de entre 4 e 8 anos.

2025
O último home
Ainé
Comedia poética con formato híbrido entre recital e peza teatral. Un artefacto escénico para un actor/rapsoda e unha DJ/ambientadora sonora que reflexiona, desde o humor, sobre a idea da extinción da especie humana. A proposta aborda a supervivencia individual sen dramatismos nin alarmas, poñendo o foco na contradición entre o potencial humano para gozar do mundo e a súa capacidade para destruílo.

2024
Bibopalula
Undodez, TVG
Serie musical infantil producida para a TVG, dirixida a nenas e nenos de ata catro anos. Ambientada nun bosque amable, a serie preséntase en capítulos breves protagonizados por un grupo de paxaros músicos. A través de historias sinxelas e repetibles, Bibopalula achega a natureza e os seus ciclos aos primeiros espectadores, fomentando a observación e o vínculo co contorno natural.

2024
Mulleres de Castelo
Undodez, Colectivo Grigri, Fundación Paideia Galiza
Documental colaborativo realizado xunto a un grupo de veciñas da aldea de Castelo (Culleredo). O proxecto funciona como espazo de encontro e creación colectiva entre mulleres maiores de 60 anos, que transforman a súa experiencia vital nunha proposta audiovisual. A peza cuestiona os estereotipos arredor da vellez e dos coidados e reivindica a memoria, a voz e a creatividade das participantes.
undodez.gal vimeo.com mulleresdecastelo.gal

2024
Na Gloria
Undodez - Tex45
Creador, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, desta serie de comedia para AGalega que tamén protagonizou xunto a Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo e Dani Rovira.

2024
Somos Criminais e punto final
Ainé
Espectáculo que pecha definitivamente o proxecto Somos Criminais, creado e interpretado xunto a Carlos Blanco. Cunha premisa apocalíptica como punto de partida, a peza propón unha revisión humorística do patrimonio humano, material e inmaterial de Galicia. Unha despedida dun dos proxectos máis exitosos do teatro galego contemporáneo, que reuniu a máis de 100.000 espectadores en toda Galicia.

2024
Resoando no pasado
Ainé
Espectáculo escénico protagonizado por Abraham Cupeiro que propón unha viaxe pola historia da humanidade a través da música e dos instrumentos. Cunha combinación de humor, divulgación e relato persoal, a proposta sitúase entre o concerto e o monólogo.

2023
Códice K
Ainé
Produción teatral dirixida por Tito Asorey e escrita por Manuel Cortés. A comedia revisita o roubo do Códice Calixtino desde unha óptica alternativa, poñendo o foco nas personaxes femininas que rodearon o suceso e ofrecendo unha lectura crítica e contemporánea da historia.

2023
Bechos
Undodez
Serie de animación infantil para a TVG, con capítulos de curta duración pensados para consumo en dispositivos móbiles. A través dun formato accesible e didáctico, a serie aborda cuestións medioambientais desde unha perspectiva pedagóxica e lúdica.

2023
Nosoutras
Undodez
Serie de divulgación producida para a TVG centrada na visibilización de mulleres relevantes da cultura galega. O proxecto pon o foco en creadoras e figuras pioneiras que abriron camiño ás novas xeracións.

2022
Nena
Undodez e Mordisco Films
Debut como director e protagonista xunto á súa filla Antía Touriñán. A curta aborda a perpetuación dos roles de xénero na esfera privada e reflexiona sobre a perda e os afectos desde a perspectiva dunha nena de 12 anos. Acumulou máis de 50 recoñecementos en festivais internacionais.
undodez.gal vimeo.com nena.gal

2022
MMRRSSMM… Xeosónica #1
Undodez
Peza experimental integrada no proxecto transmedia Xeosónica, unha exploración artística do son como elemento narrativo central. A curtametraxe, dirixida por Andrés Mahía, sitúa o universo sonoro como protagonista absoluto da proposta.

2022
Continente María
Ainé e A Quinta do Cuadrante
Obra teatral que rende homenaxe á actriz María Casares. Dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Melania Cruz, a peza articúlase como un diálogo íntimo e escénico arredor da figura de Casares, converténdose nunha celebración da vida, da memoria e do teatro.

2022
Catro gatos
Undodez - Tex45
Programa para a Televisión de Galicia onde catro amigos, David Perdomo, Fátima Pego, Noemí Rodríguez e o propio Touriñán, reúnense nun bar para falar da vida. A comedia está presente en todo momento mesturando tertulia e sketchs.

2022
Recortes, caneos e outras formas de driblar
Undodez - Tex45
Peza teatral que percorre as paixóns futbolísticas desde o humor e a música. Unha viaxe lúdica e crítica pola cara máis festiva e tamén máis escura do fútbol como fenómeno social e cultural.

2021
Aquí Tou!
Ainé
Monólogo no que Touriñán ofrece un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital. Un relato persoal que mestura realidade e ficción, humor e emoción, conectando coa memoria colectiva e coa identidade galega.

2021
Somos Criminais 3
Ainé
Tras a primeira entrega do exitoso proxecto xunto a Carlos Blanco, ten lugar un novo capítulo no que, desde o humor, se analiza Galicia e a súa idiosincrasia a través de historias de crimes reais e imaxinados.

2019
Fariña, o espectáculo teatral
Ainé
Adaptación escénica da obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia. Unha comedia musical con fondo tráxico, na que Touriñán forma parte dun elenco coral que revisita un período clave da historia recente do país.

2018
Somos Criminais
Ainé
Espectáculo creado e interpretado xunto a Carlos Blanco que analiza e dramatiza crimes autóctonos desde múltiples perspectivas. Un proxecto de gran éxito de público, cunha longa xira polos escenarios galegos.

2018-2020
Pequeñas coincidencias
Atresmedia - MedioLimón
Creada por Javier Veiga, foi a primeira serie española orixinal de Amazon Prime. Formou parte do reparto principal nas tres temporas desta comedia romántica protagonizada por Veiga e Marta Hazas.

2016
Monólogo do imbécil
Eme2
Monólogo protagonizado por Santi, un personaxe atrapado nunha cadea constante de malas decisións e situacións desafortunadas. Un retrato cómico da torpeza cotiá.

2015-2016
Curtis & Teixeiro
Ainé
Comedia na que interpreta a Teixeiro, un investigador privado que forma parella con Curtis (Fede Pérez). Xuntos enfróntanse a casos improbables cunha mirada irónica sobre a actualidade.

2011-2015
Manolo Lojo
Undodez
Manolo Lojo é un personaxe que o único que ten claro é que non quere seguir vivindo e conta os pormenores da súa vida.
Guionista

2025
Amoriños
Ainé
Novo espectáculo creado e interpretado xunto a David Perdomo tras o éxito de Corentena e Corentena · Game Over. Unha comedia sobre o amor nas súas formas máis imprevisibles, construída a partir de citas imposibles, personaxes desencaixados e moita improvisación. Un First Dates á galega no que o humor convive cunha dimensión emocional inesperada.

2024
Corentena · Game Over
Ainé
Segunda volta ao universo de Corentena, reconvertido nun videoxogo teatral no que o público participa activamente no desenvolvemento da función. Unha viaxe chea de probas, personaxes coñecidos e novas situacións, na que cada decisión pode conducir ao éxito… ou ao Game Over. Un formato innovador que percorreu o país mantendo a esencia do espectáculo orixinal.

2024
Na Gloria
Undodez - Tex45
Creador, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, desta serie de comedia para AGalega que tamén protagonizou xunto a Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo e Dani Rovira.

2024
Somos Criminais e punto final
Ainé
Espectáculo que pecha definitivamente o proxecto Somos Criminais, creado e interpretado xunto a Carlos Blanco. Cunha premisa apocalíptica como punto de partida, a peza propón unha revisión humorística do patrimonio humano, material e inmaterial de Galicia. Unha despedida dun dos proxectos máis exitosos do teatro galego contemporáneo, que reuniu a máis de 100.000 espectadores en toda Galicia.
Máis guións

2023
Corentena
Ainé
Espectáculo creado xunto a David Perdomo a partir das conversas compartidas durante o confinamento. Un proxecto que naceu nas redes e deu o salto aos escenarios cun formato próximo, directo e fortemente conectado co público.

2022
Nena
Undodez
Debut como director e protagonista xunto á súa filla Antía Touriñán. A curta aborda a perpetuación dos roles de xénero na esfera privada e reflexiona sobre a perda e os afectos desde a perspectiva dunha nena de 12 anos. Acumulou máis de 50 recoñecementos en festivais internacionais.

2021
Aquí Tou!
Ainé
Monólogo no que Touriñán ofrece un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital. Un relato persoal que mestura realidade e ficción, humor e emoción, conectando coa memoria colectiva e coa identidade galega.

2011
Un soño de Nadal
TVG
Programa especial de humor emitido pola TVG no que as personaxes de Mucha e Nucha se converten no fío condutor da programación de Nadal. A partir dun enredo situado nas instalacións de San Marcos, as dúas protagonistas vense obrigadas a facerse cargo das emisións durante toda unha noite, conectando co público a través do humor, a sátira televisiva e a interacción coa programación da canle.
Radio e podcast

2025
El Sentido de la Birra - 581 ‘La Naturaleza’
Producido e presentado por Ricardo Moya
Convidado no formato El sentido de la Birra Live, nun episodio centrado na reflexión arredor da natureza. A conversa combina humor e pensamento persoal, abordando medos, praceres sinxelos e comportamentos humanos desde unha mirada irónica e próxima. Gravado en directo na Coruña no marco do festival EMHU.

2024
La ruina
Producido por Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes
Participación como convidado no podcast La Ruina, gravado en Santiago de Compostela. No episodio, Touriñán comparte experiencias persoais e situacións cotiás desde o humor, nun contexto marcado pola improvisación e a complicidade cos presentadores.

2023
El Nicho - Difunto 4
Producido e presentado por David Perdomo
Participación no podcast El Nicho, un espazo de conversa distendida no que Touriñán e Perdomo repasan a súa traxectoria compartida, o humor galego e experiencias profesionais e persoais, combinando anécdotas, personaxes e improvisación.

2006-2009
Á tarde
Radio Televisión de Galicia
Colaborador no programa radiofónico Á tarde, onde interpretou o personaxe de Ramón Regoufe, achegando contidos de humor e personaxes ao espazo de tarde da emisora pública galega.