Xosé A. Touriñán

ACTOR E PRODUTOR

Ola! Son Touri

De pequeno quería ser futbolista, pero acabei sendo actor case sen querer. Podes verme nos teatros, nos cines ou na televisión. A comedia é o meu sinal de identidade, hai que rir para vivir.

Proxectos

CURTAMETRAXE

Nena

‘Nena’ é unha historia que levaba tempo na miña cabeza. Para facela rodeeime dos amigos e da familia e así, xogando entre todos, fixemos a miña primeira curta como director e guionista.

nena.gal

FESTIVAIS

Castelo Conta

A finais de agosto, Castelo convértese no centro cultural de Galicia. Comedia, música, tradición oral, actividades para a cativada… e moita festa!

casteloconta.gal

Axenda

DataEspectáculoLocalidadeLugarEntradas
10 MaiAquí Tou!FerrolAuditorio MunicipalÚltimas entradas
18 MaiCorentenaPontevedraAuditorio Sede AfundaciónÚltimas entradas
26 MaiCorentenaSantiago de CompostelaAuditorio de GaliciaÚltimas entradas
1 XuñAquí Tou!RibadeoAuditorio MunicipalMercar entradas
5 XuñSINFILTROA Coruña​Auditorio Sede AfundaciónMercar entradas
7 XuñCorentenaOurenseAuditorio MunicipalMercar entradas
8 XuñCorentenaLugoAuditorio Gustavo FreireMercar entradas
13 XulMonólogoCelanovaClaustro do Convento de CelanovaMercar entradas

Fotos

Vídeos

Aquí Tou!

Neste monólogo fago un repaso pola miña vida e como é que cheguei ata onde estou agora mesmo, mesturando realidade e ficción con anécdotas propias, e tamén con algunha que me contaron.

Somos Criminais 3

Percorrín con Carlos Blanco os teatros de Galicia durante case cinco anos. Nese tempo, máis de 100.000 persoas desfrutaron da comedia en vilas, cidades e mesmo a través de internet!

Actualidade

O monólogo de Touriñán afronta as últimas datas dunha xira que xuntou máis de 20.000 persoas por toda Galicia.
09-05-24
vía aine.gal
A Televisión de Galicia emite un novo capítulo de ‘Na Gloria’ o domingo ás 22.00 horas. O artigo Esta semana, o lobo visita A Gloria publicouse primeiro en Undodez.
03-05-24
A Televisión de Galicia emite un novo capítulo de ‘Na Gloria’ o domingo ás 22.00 horas. O artigo Esta semana, eleccións na Gloria publicouse primeiro en Undodez.
03-05-24
O Firm Film Festival e o FICCI-ON de Ciudad Rodrigo, son os últimos festivais en premiar a curtametraxe. O artigo ‘Nena’ segue sumando recoñecementos publicouse primeiro en Undodez.
02-05-24
Os dous cómicos volven á estrada este mes con funcións en Vigo e Cangas. O espectáculo viaxará a Pontevedra e Santiago no mes de maio.
08-04-24
vía aine.gal

Na prensa

Máis prensa

Contacto

Podes contactar comigo a través do correo electrónico ou o teléfono de Ainé

ola@aine.gal · 881 946 972